Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40313

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de compensación en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 20 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario o que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

Na súa virtude, a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de compensación en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Convocatoria: Orde do 13 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de compensación en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2015.

Aplicación orzamentaria: 2015.12.22.713E 770.1 (CP 2009 00740), dotada cun crédito total de 100.000 euros.

Finalidade: compensación para as pequenas e medianas empresas afectadas polas medidas fitosanitarias derivadas da loita contra pragas de corentena.

Beneficiarios/as e subvención:

Titular

NIF/CIF

Axuda (€)

Villar Fondo, Manuel

79310716T

1.342,51

Viveros Juan Peixoto, S.L.

B36235349

557,29

Kiwi Plant, S.L.

B36637387

93.410,01

Galiplant Ornamental, S.L.

B94100013

4.690,19