Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dunha subministración de dez (10) vehículos todo terreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais, dous lotes, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 53 (expediente 28/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de dez (10) vehículos todo terreo equipados para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22728.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 23 de maio de 2014, BOE do 30 de maio de 2015 e DOG núm. 109, do 11 de xuño de 2015.

e) División por lotes e número: si.

– Lote nº 1: sete (7) vehículos de tipo todo terreo con capacidade mínima para dúas persoas e 4.000 litros de capacidade útil para auga; e

– Lote nº 2: tres (3) vehículos de tipo todo terreo con capacidade mínima para tres persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.729.578,48 €. IVE (21 %): 363.211,48 €. Importe total: 2.092.789,96 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.729.578,48 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote nº 1: sete (7) vehículos de tipo todo terreo con capacidade mínima para dúas persoas e 4.000 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución de adxudicación: 7 de agosto de 2015.

b) Adxudicataria: Mercedes Benz Retail, S.A.

c) Importe: 1.206.450 € (sen IVE). IVE (21 %): 253.354,50 €.

Importe total: 1.459.804,50 €. Prezo unitario: 172.350 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 18 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

• Lote 2: tres (3) vehículos de tipo todo terreo con capacidade mínima para tres persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

Data da resolución pola que se declara deserta a licitación: 1 de setembro de 2015.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar