Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda a formalización do contrato do servizo de recollida de datos para a realización de estatísticas agroforestais, tres lotes (expediente 30/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, acórdase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de recollida de datos para a realización de estatísticas agroforestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22846.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 110, do 12 de xuño de 2015.

e) División por lotes e número: si.

Lote 1: enquisa do sector porcino industrial e recollida de prezos do leite percibidos polos gandeiros no ano 2014.

Lote 2: recollida da información sobre o sacrificio de gando nos matadoiros e actualización do directorio.

Lote 3: recollida dos prezos agrarios e da terra con destino agrícola ou gandeiro, rendementos e avances de superficies e producións de cultivos agrícolas.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 52.168,97 €. IVE (21 %): 10.955,48 €. Importe total: 63.124,45 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 52.168,97 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

• Lote 1: enquisa do sector porcino industrial e recollida de prezos do leite percibidos polos gandeiros no ano 2014.

a) Data da resolución de adxudicación: 19 de agosto de 2015.

b) Adxudicataria: Ingeniería Insitu, S.L.

c) Importe: 16.181,15 € (sen IVE). IVE 21 %: 3.398,04 €. Importe total: 19.579,19 €.

d) Data de formalización do contrato: 3 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: prezo máis baixo (único criterio) recollido no prego.

• Lote 2: recollida da información sobre o sacrificio de gando nos matadoiros e actualización do directorio.

a) Data da resolución de adxudicación: 14 de agosto de 2015.

b) Adxudicataria: Ideara, S.L.

c) Importe: 10.384,04 € (sen IVE). IVE 21 %: 2.180,65 €. Importe total: 12.564,69 €.

d) Data de formalización do contrato: 24 de agosto de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: prezo máis baixo (único criterio) recollido no prego.

• Lote 3: recollida dos prezos agrarios e da terra con destino agrícola ou gandeiro, rendementos e avances de superficies e producións de cultivos agrícolas.

a) Data da resolución de adxudicación: 14 de setembro de 2015.

b) Adxudicataria: Proyectos y Estudios Técnicos de Galicia, S.L.

c) Importe: 10.358,53 € (sen IVE). IVE 21 %: 2.175,29 €. Importe total: 12.533,82 €.

d) Data de formalización do contrato: 21 de setembro de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración (logo de considerar retirada a oferta do licitador que presentou o prezo máis baixo).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar