Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 24 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica á persoa interesada a resolución do expediente sancionador ES-P-0060/14.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia desta cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 24 de setembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Guillermo García Sanjiao.

Expediente: ES-P-0060/14.

Último domicilio coñecido: rúa Arquitecto Pérez Bellas, 9, 5º F, 36205 Vigo.

Indicación do contido: notifícaselle a resolución do procedemento sancionador
ES-P-0060/14, na cal se impón a Guillermo García Sanjiao unha sanción no seu grao mínimo de multa de 3.000 euros por incumprir as formalidades establecidas na Lei para o depósito de fianzas, de acordo co disposto no artigo 108 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.