Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40267

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 8 de outubro de 2015 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de dous/dúas técnicos/as I e dous/dúas auxiliares de laboratorio/grupo IV, baixo a modalidade contractual de proxectos específicos de investigación científica e técnica.

No taboleiro de anuncios de Xenética Fontao, S.A. e na súa sede electrónica http://www.xeneticafontao.es aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria dos seguintes procesos selectivos:

– Proceso selectivo para a contratación temporal de dous/dúas titulados/as superiores veterinarios/as/biólogos/as (técnico I), con formación en xenética molecular aplicada ao gando bovino para participar no desenvolvemento do proxecto de investigación para a mellora xenética do gando frisón de Galicia no período 2015-2018.

– Proceso selectivo para a contratación de dous/dúas auxiliares de laboratorio grupo IV baixo a modalidade contractual de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento de actuacións de I+D+I dirixidas á análise da estrutura xenética da poboación das razas bovinas autóctonas de Galicia, a ovella galega, a cabra galega, o cabalo de pura raza galega e o porco celta, mediante a utilización da biotecnoloxía do ADN, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios de Xenética Fontao, S.A.

Lugo, 8 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.