Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40266

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de desenvolvemento do programa Xantar na Casa en diferentes concellos galegos (expediente CGSIB/001/15/XC).

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº de expediente: CGSIB/001/15/XC.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: desenvolvemento do programa Xantar na Casa en diferentes concellos galegos.

Importe do contrato: 5.950.230 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.

Data de formalización do contrato: 8.9.2015.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica moi completa, con menús ben deseñados. Destacan na súa oferta as epígrafes de valoración sensorial e o Plan de atención social.

Para máis información deben consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar