Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015 pola que se declara a firmeza administrativa do documento de revisión dos parques de cultivo de molusco do Carril.

Consideracións legais:

1. O artigo 17 do Decreto 158/1991, do 16 de maio, polo que se regula o procedemento de revisión e reordenación dos parques de cultivo de moluscos do Carril.

2. A disposición adicional única e a disposición transitoria terceira do Decreto 96/2015, do 25 de xuño, polo que se dá por finalizada a revisión dos parques de cultivo de moluscos do Carril.

3. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a firmeza administrativa do documento de revisión dos parques de cultivo de moluscos do Carril e, por ende, a relación de parcelas cos seus actuais cultivadores resultantes do outorgamento de autorizacións provisionais.

Segundo. Declarar vacantes a relación de parcelas que así resultan do documento de revisión.

Terceiro. O documento de revisión estará exposto ao público polo prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral do Mar en Santiago de Compostela, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar en Vigo, na Xefatura Comarcal do Carril e na Confraría de Pescadores do Carril en Vilagarcía de Arousa.

Así mesmo, será publicado durante o mesmo prazo na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://www.xunta.es/medio-rural-e-do-mar).

Cuarto. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar