Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2015/47-2, 8241 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-rúa A-parcela U2-Lugo.

Denominación: novo CTC Cotelsa na estrada Alúmina.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no apoio metálico existente (A) e final no CT pé de poste Cotelsa, cunha lonxitude de 50 metros en condutor RHZ1-150.

2. Centro de transformación prefabricado, pé de poste Cotelsa, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña subterránea de baixa tensión con orixe no CT proxectado e final na LBTA, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV.

4. Liña aérea de baixa tensión con orixe no apoio nº 1, cunha lonxitude de 450 metros en condutor tipo RZ.

5. Desmontaxe de 20 metros de condutor tipo LA-56, de 110 metros de condutor tipo RZ e do CT de Vilar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 23 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo