Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 3/2015, relativo ao proxecto de ampliación da nave comercial da empresa Decathlon España, S.A.U., situada no concello de Santiago de Compostela, promovido pola mercantil SCQ Platforms, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de ampliación da nave comercial da empresa Decathlon España, S.A.U., situada no concello Santiago de Compostela, promovido pola mercantil SCQ Platforms, S.L.U.

Para estes efectos, formalizando a información que se debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) SCQ Platforms, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de ampliación da nave comercial da empresa Decathlon España, S.A.U., situada no concello Santiago de Compostela.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do que se pode obter información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

e) A participación do público poderase realizar, durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que estimen oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio