Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2015/158-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial A Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS de CT04 polígono PPI-6 á LMT Budiño-Ortiz e CS.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 749 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do centro de transformación 4 do PPI-6 e final no CS proxectado. Centro de seccionamento en caseta prefabricada, con tres celas de liña motorizadas, situado no polígono industrial Sur PPI-6, en Vacaría, San Salvador de Budiño (O Porriño).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra