Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 15 de outubro de 2015 Páx. 40212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunhas instalacións eléctricas nos concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas (expediente IN407A 2015/157-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma LMTA e cambio de lugar do CT Cabreira Laxes.

Situación: Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor 47-AL1/8-ST1A de 837 metros de lonxitude, con orixe no apoio 30 da LMT xeral Salvaterra-Salceda, en Cabreira, Salvaterra de Miño e final no CT Cabreira Laxes na súa nova localización. Centro de transformación, sobre o apoio proxectado C-4500/22 ao final da LMTA, de 160 kVA, r.t. 20 kV/400-230 V, situado na parroquia de Entenza, Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra