Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (214/2014).

ETX execución de títulos xudiciais 214/2014

Procedemento de orixe: despedimento obxetivo individual 668/2013

Sobre despedimento

Demandante: Óscar Jesús Selas Suárez

Demandados: Int Maderas Santiaguesa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 214/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Jesús Selas Suárez contra Int Maderas Santiaguesa, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Óscar Jesús Selas Suárez presentou demanda de execución fronte a Int Maderas Santiaguesa, S.L. e Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto de extinción da relación laboral con data do 11 de marzo de 2015, por un total de 53.406,18 euros de principal (24.175,22 euros en concepto de indemnización + 29.230,96 euros de salarios de tramitación (649 días × 45,04 euros diarios) e a cantidade de 5.340,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei de xurisdición social que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado sobre os cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia, tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Int Maderas Santiaguesa, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 53.406,18 euros de principal (24.175,22 euros en concepto de indemnización + 29.230,96 euros de salarios de tramitación (649 días × 45,04 euros diarios) e a cantidade de 5.340,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a resolución, inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolución secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Internacional de Maderas Santiaguesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial