Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39864

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (555/2014).

Benita Mª Gándara Valije, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, fai saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto emprázase a Marela Ledesma Navarro co fin de que no prazo de vinte días conteste a demanda, baixo apercibimento de que:

1. Se non comparece, será declarada en situación de rebeldía procesual e notificada esta, non se levará a cabo ningunha outra, excepto a da resolución que poña fin ao proceso (artigos 496 e 497 da LAC).

2. A comparecencia en xuízo debe realizarse por medio de procurador, coa asistencia de avogado (artigo 750 da LAC).

Se carece de medios económicos suficientes para litigar, poderá solicitar o recoñecemento de asistencia xurídica gratuíta e a designación de avogado e procurador de oficio, o que deberá efectuar dentro dos tres días seguintes ao emprazamento. Se a solicitude se realizase nun momento posterior, a falta de designación de avogado e procurador polos colexios profesionais non suspenderá a realización do xuízo, salvo nos supostos recollidos no parágrafo segundo do artigo 16 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.

3. Debe comunicar a este órgano xudicial calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso (artigo 155.5, parágrafo primeiro, da LAC).

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marela Ledesma Navarro, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de emprazamento.

Cambados, 21 de setembro de 2015

A secretaria xudicial