Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o requirimento sobre o dereito de aproveitamento das augas mineromedicinais e termais do pozo Santa Sofía, no termo municipal de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Asemade, infórmanse os interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición durante un prazo de 30 días, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas ), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 23 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

El Bosque Pontecaldelas, S.L.

Requirimento

Madrid