Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (610/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Santiago Noya Vieites contra Pinturas y Reformas Losan, S.L., en reclamación por cantidade, rexistrado co número procedemento ordinario 610/2012, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social, citar a Pinturas y Reformas Losan, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de outubro de 2015, ás 13.15 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio da rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, acordouse:

Citar para interrogatorio de parte a parte demandada Pinturas Losan, S.L., que deberá comparecer persoalmente ou a través de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Advírtese que, en caso de non comparecer, poderáselle impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeita declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, malia o apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultase prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta a través dun terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá presentar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e da posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Requirir a demandada Pinturas Losan, S.L. para que achegue os documentos: contrato de traballo do demandante desde o inicio da prestación de servizos ata a data do seu despedimento, partes de alta e baixa desta na Seguridade Social, nóminas do demandante do último ano traballado e boletíns de cotización á Seguridade Social, coa advertencia de que, de non o facer, poderán considerarse probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 LXS).

De ser o caso, sen que isto signifique a admisión de ambas as probas propostas polo demandante, xa que este deberá propoñela e o/a xuíz/a, se é o caso, admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Pinturas Losan, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2015

A secretaria xudicial