Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39737

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (651/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 651/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pena Vicente contra Técnica Instalaciones Coruña, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 17 de setembro de 2015, contra a cal se poderá interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Técnica Instalaciones Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

O secretario xudicial