Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de setembro de 2015 polo que se comunica a revisión e emenda de erros gráficos detectados na modificación do Plan sectorial da rede viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas, de clave AC/12/116.00, que só afectan o concello de Narón.

Antecedentes:

Con data do 21 de febreiro de 2014 publícase no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública, por un prazo de dous meses, a modificación do Plan sectorial.

O 16 de xuño de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia o anuncio para publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de maio de 2015 que aproba o expediente de información pública e, definitivamente, a modificación do Plan sectorial.

O 18 de setembro de 2015 el Concello de Narón solicita a corrección dunha serie de erros gráficos detectados nalgúns planos do documento aprobado, en distintas actuacións que afectan unicamente o concello de Narón.

Por todo o exposto, efectuada a revisión e emenda dos erros gráficos atopados, procédese a realizar os seguintes cambios:

– Remodelación do enlace AG-64 coa AC-566.

O trazado detallado nos planos non se axusta na súa totalidade ao aprobado definitivamente por resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas o 27 de xullo de 2011 do expediente de información pública do proxecto de trazado da obra de acondicionamento e mellora da estrada AC-566, treito Narón-Valdoviño, clave AC/08/131.01.

Actualizase o trazado en planta nos planos 6.4.7.1 e 7.7.

– Conexión AC-113 coa C-642 nas Lagoas-O Ponto.

Esta actuación xa se atopa executada parcialmente cun largo viario de 12,00 metros, e dispón de calzada e beirarrúas.

No documento aprobado definitivamente reflectiuse nos planos tal consideración, suprimindo a reserva viaria correspondente ao treito executado, pero detectouse unha incoherencia no documento, e incorpórase na súa totalidade nalgúns planos (6.1, 6.2 e 6.3) e só parcialmente noutros (6.4.4.1; 6.4.4.2; 7.4; 8.4). É por isto polo se que corrixe o gráfico e se unifica en todos os planos o treito realmente executado 6.4.4.1; 6.4.4.2; 7.4; 8.4).

– Conexión FE-13 - AC-566.

Esta actuación prevé a conexión da FE-13 coa AC-566 por medio dunha estrada convencional que conecta a vía xa executada mediante o desenvolvemento do plan parcial do Boial e o plan de sectorización do Vinculeiro no Concello de Ferrol, e prolongase a través da rúa Bimbieiro, no concello de Narón.

Nos planos do documento aprobado inclúese o treito que afecta unicamente o concello de Ferrol, e obviouse o treito que discorre polo concello de Narón, polo que se corrixe a información gráfica correspondente e complétase o itinerario ata a conexión coa estrada AC-566, obxecto da actuación (6.4.9; 7.9; 8.7).

Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

(http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópanse á disposición dos interesados os planos coas correccións realizadas.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas