Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0013/2014-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0013/2014-PPM e catro máis.

É tamén de aplicación o artigo 59.5 da devandita lei, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que indica que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avenida Ramón Canosa, s/n, en Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 29 de setembro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0013/2014-PPM.

Persoa interesada: Diego Pavia Félix.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa das Fontiñas, 248, 5º C, Lugo.

Expediente: PSC-LU-0042/2014-ORS.

Persoa interesada: Raúl Lareo Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ O Río, 1, 5º B, Burela.

Expediente: PSC-LU-0058/2014-PRE.

Persoa interesada: Salvador Óscar Sarda García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Río Avia, 6, 2º, Lugo.

Expediente: PSC-LU-0065/2014-PRE.

Persoa interesada: Francisco Dámaso Gómez Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Rolda de Nelle, 115, 5º dta., A Coruña.

Expediente: PESAN1 2014/000145-2.

Persoa interesada: Marino Enriquez Doporto.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lg. Cabezal, A Fraga, s/n, Valdoviño.