Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2014/00288 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Faise saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca.

– BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H.

– Santander.

– http://www.cixtec.es/conselleria

e, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

DX-00068-I-2013

RA/M/2014/00288

NA-4774-AF

Axente de inspección DX/004

Arias Logística y Transporte, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

21.5.2013; 09.23; N-VI; 543,800

Art. 140.23 LOTT

4.000 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-01174-O-2013

RA/M/2014/00413

3248-FSM

Garda Civil 1502 Q97183H

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Menos de 24 horas.

7.1.2013; 05.23; AC-550; 26

Art. 140.37.6 LOTT

2.000 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01773-O-2013

RA/M/2014/00423

1769-BXG

Garda Civil 1504 H74822F

Transportes Javier García Santos, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

13.3.2013; 03.10; N-550; 57,20

Art. 140.25.4 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-01791-O-2013

RA/M/2014/00425

7731-DFS / R-6284-BBM

Garda Civil 1504 I54077K

Transportes Javier García Santos, S.L.

Transporte de mercadorías perigosas sen a carta de porte preceptiva para as mercadorías perigosas transportadas.

13.3.2013; 02.00; N-550; 58

Art. 140.25.4 LOTT

2.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00393-O-2013

RA/M/2014/00476

9577-FLF / R-5453-BCH

Garda Civil 3201 I12849B

Logística Ourense, S.L.

Exceso superior a 2 horas sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Superior a 14 horas e inferior a 15 horas.

4.3.2013; 21.04; N-525; 220

Art. 140.37.3 LOTT

1.500 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-01602-O-2013

RA/M/2014/00507

2819-HFL / R-9840-BBL

Garda Civil 1504 H74822F

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

13.2.2013; 10.04; N-634; 709,500

Art. 140.37.4 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-01105-O-2012

RA/M/2014/00529

1128-GCM

Garda Civil 3201 A47914C

Francisco Javier Sabucedo Castro

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

20.7.2012; 19.53; N-541; 0025,200

Art. 140.1.9 LOTT

4.001 €

Estimatoria parcial, revogando parcialmente a sanción imposta

OU-01114-O-2013

RA/M/2014/00532

2519-HBS

Garda Civil 3201 L82181K

José Luis Camaras Areas

Exceso igual ou superior ao 50 % nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Igual ou superior a 15 horas.

11.6.2013; 10.20; N-120; 595

Art. 140.37.1 LOTT

2.000 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-03435-O-2013

RA/M/2014/00540

3399-FGN

Garda Civil 1504 A35144Y

Transportes J. Arizaga 260396, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando isto resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos imprimidos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

2.8.2013; 16.15; AC-553; 1,2

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-00114-O-2012

RA/M/2014/00611

6246-CRN

Garda Civil 3603 A23980M

Tres Ecel Logística, S.L.

Utilizar envases ou embalaxes non homologadas, gravemente deterioradas, que presenten fugas ou carezan dalgún dos requisitos técnicos exixidos.

5.12/2011; 12.17; A-55; 10

Art. 140.25.10 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-02039-O-2012

RA/M/2014/00655

6233-BVW

Garda Civil 2705 C27970W

María Baamonde Fernández

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

22.11.2012; 16.30; N-634; 574,00

Art. 140.1 LOTT

4.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta