Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo trámite ordinario, do contrato de servizo de clave GA/15/062.09 e un máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición: contrato de servizos para a realización dos traballos de apoio á inspección nas actuacións en explotación en réxime concesional.

Clave do expediente: GA/15/062.09. Referencia: AT/016/2015.

Orzamento base de licitación: 99.949,60 €, sen IVE. IVE 20.989,42 €. Importe total: 120.939,02 €.

Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, de ser o caso): 199.899,20 €.

Prazo de execución: 24 meses. Prórroga: 24 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23475

División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo de redacción do proxecto de construción da actuación de alargamento e mellora da estrada PO-235 entre os p.q 11+870 e 18+100, no concello da Lama.

Clave do expediente: PO/15/058.10. Referencia: AT/017/2015.

Orzamento base de licitación: 48.152,01 €, sen IVE. IVE 10.111,92 €. Importe total: 58.263,93 €.

Prazo de execución: 8 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23479

División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: segundo o especificado no parágrafo H do cadro de características.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido nas cláusulas 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con dous días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é de 10,82 euros.

11. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas