Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamentos para uso en centros de formación dos empregados públicos da Xunta de Galicia e servizo de desenvolvemento dunha ferramenta de xestión de equipos en aulas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 08/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos para uso en centros de formación dos empregados públicos da Xunta de Galicia e servizo de desenvolvemento dunha ferramenta de xestión de equipos en aulas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.11.2014.

DOUE: 13.11.2014.

BOE: 29.11.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 371.630,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 371.630,00 € (trescentos setenta e un mil seiscentos trinta euros), máis 78.042,30 € (setenta e oito mil corenta e dous euros con trinta céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 449.672,30 € (catrocentos corenta e nove mil seiscentos setenta e dous euros con trinta céntimos), distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1: subministración de 410 ordenadores persoais destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto: 307.500,00 € + IVE (64.575,00 €) = 372.075,00 €.

Lote 2: subministración de 35 portátiles destinados para uso en aulas dos centros de implantación do proxecto: 19.250,00 € + IVE (4.042,50 €) = 23.292,50 €.

Lote 3: servizo de desenvolvemento e implantación dun sistema de xestión do equipamento informático en aulas de varios centros de formación dependentes da Xunta de Galicia: 44.880,00 € + IVE (9.424,80 €) = 54.304,80 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 23.4.2015.

– Lote 3: 23.4.2015.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 22.5.2015.

– Lote 3: 22.5.2015.

c) Contratista:

– Lote 1: Coremain, S.L.

– Lote 3: Sirtelco, S.L.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 327.922,10 € (IVE incluído).

– Lote 3: 50.215,00 € (IVE incluído).

7. Declaración de deserto lote 2: 30.3.2015.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia