Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do servizo de realización de análise de requirimentos documentais e elaboración de instrumentos normalizados de xestión documental electrónica para o desenvolvemento do proxecto Arpad, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Poctep, proxecto Arpad (expediente 97/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de estudo das series documentais vinculadas a 200 procedementos seleccionados e o establecemento dunha metodoloxía de análise de procedementos que poida ser de aplicación na Administración pública autonómica e na Administración local.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia do 10 de abril de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 198.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 198.000,00 €, máis 41.580,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 239.580,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 14.7.2015.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 215.380,00 (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia