Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Francisco Jesús Represas Carrera.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra tramítase o recurso 207/2015-MS (procedemento abreviado), interposto por Francisco Jesús Represas Carrera contra a Resolución do 7 de maio de 2015 (DOG núm. 92, do 19 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publican a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: enfermeiro/a).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos