Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 22 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación de varios expedientes de suspensión condicional (expediente PSC-PO-0765/2014-PPM e un máis).

Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional de execución da sanción.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición dos interesados na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela,
teléfono 981 54 61 63).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Nº de expediente: PSC-PO-0765/2014-PPM.

Interesado: Benito Rodríguez Salgado.

NIF: 36108393A.

Enderezo: avenida Atlántida, 54, 2º PO 5F, 36208 Vigo, Pontevedra.

Trámite: resolución estimatoria.

Nº de expediente: PSC-LU-0080/2014-PPM.

Interesado: Víctor Manuel Díaz Rodríguez.

NIF: 77594255Y

Enderezo: lg. Vilar, 45, 27880 Burela, Lugo.

Trámite: resolución estimatoria.