Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha explotación gandeira e a súa ampliación, no concello de Silleda (Pontevedra). Titular: Avipor Silleda, S.L. (expediente 2014-IPPC-I-97).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que polo prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Solicitude de autorización ambiental integrada. Explotación gandeira de dúas (2) liñas: porcino 675 nais CC e 225 CM. Aves: 62.760 galiñas poñedoras, incluíndo previsión de ampliación ata 100.000 galiñas de posta».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-97.

Peticionaria: Avipor Silleda, S.L.

Domicilio social: Gumarín, Saídres-Silleda (Pontevedra) 36546.

Localización da instalación: parcela nº 775, polígono 18.

Actividade: o ciclo produtivo desenvólvese en dúas liñas de produción: liña de porcino, con capacidade para 900 porcas nais (675 en réxime de ciclo pechado e 225 con leitóns de ata 20 kg), e liña de aves, con capacidade actual para 62.760 galiñas poñedoras. Proxéctase a ampliación da liña de poñedoras ata unha capacidade de 100.000 das referidas aves. Entre as actuacións proxectadas está a construción dunha nova nave para galiñas, unha esterqueira e a cubrición das fosas de xurro actuais.

Verteduras: tras a ampliación non se xerarán verteduras de augas residuais de limpeza nin sanitarias, que se dirixirán ás fosas externas de almacenamento de xurro para seren xestionados de xeito conxunto como na actualidade. O xurro e galiñaza empregaranse como fertilizante en parcelas de uso agrícola.