Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de setembro de 2015, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1192, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro

A Coruña, 24 de setembro de 2015

María Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: café bar Prados Vellos.

Titular: González Pantín, S.C.

Enderezo: Os Anxos, 131.

Concello: Ares.

Establecemento: café bar Bicos.

Titular: Bicos, S.C.

Enderezo: Tenencia, 4.

Concello: Boiro.

Establecemento: café bar Fraga.

Titular: José Fraga Martínez.

Enderezo: Nova, 100.

Concello: Ferrol.

Establecemento: café bar Guru.

Titular: Silvia Mª Fernández Díaz.

Enderezo: Pardo Baixo, 22.

Concello: Ferrol.

Establecemento: café bar Bronx.

Titular: Purificación Lobariñas Vázquez.

Enderezo: Fernando III El Santo, 10.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: café bar El Mismo.

Titular: Jose López Varela.

Enderezo: Rodrigo de Padrón, s/n.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: café bar La Competensia.

Titular: Purificación Lobariñas Vázquez.

Enderezo: Fernando III El Santo, 11.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: café bar Policía Nacional.

Titular: Fernando Bravo Rey.

Enderezo: Rodrigo de Padrón, s/n.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: café bar Quita Penas.

Titular: Pilar Torres Ares.

Enderezo: Calzada de Sar, 78.

Concello: Santiago de Compostela.