Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de capacitación, xestión do cambio e implantación da Administración electrónica xudicial en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Poec 2007-2013 (expediente 95/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo global de capacitación, xestión do cambio e asistencia técnica para a implantación en Galicia dos sistemas informáticos no marco do Sistema integrado xudicial, da Administración electrónica xudicial e do expediente dixital xudicial.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.1.2015.

DOUE: 17.1.2015.

BOE: 29.1.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 907.875,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 363.150,00 €, máis 76.261,50 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 439.411,50 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.6.2015.

b) Data de formalización do contrato: 13.8.2015.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 351.529,20 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia