Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39190

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) no segundo cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Importe achegado
pola AGI (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Trabada para a reparación das pontes do Souto 3 e das Lamas.

60.500

8.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e os concellos de Pantón, Nogueira de Ramuín e A Peroxa para a execución de actuacións de mellora da seguridade viaria na contorna dos Peares.

60.000

22.5.2015

Convenio da Universidade da Coruña coa Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de prácticas externas extracurriculares do estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

Sen achega económica

25.5.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e Unión Fenosa Distribución, S.A., para a realización de actividades de interese xeral.

Sen achega económica

28.7.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Gallega de la Construcción para o intercambio de información en materia de contratación pública e do sector da construción civil.

4.300

29.7.2015