Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39183

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante Orde do 17 de xuño de 2015 (ED110A).

A Orde do 17 de xuño de 2015 (DOG núm. 118, do 25 de xuño) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades estranxeiras.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación, así como a certificación, que se xuntan ambas á acta da Comisión de Valoración constituída ao abeiro do artigo 11 da antedita Orde do 17 de xuño de 2015, e remitidas, na súa condición de titular do órgano instrutor e presidenta da Comisión de Valoración, pola subdirectora xeral de Política Lingüística, esta secretaría xeral, en uso das facultades que en virtude da disposición adicional única da mencionada Orde do 17 de xuño de 2015 lle son expresamente delegadas,

DISPÓN:

Artigo 1

Aprobar definitivamente a relación de admitidos que se especifican no anexo I, con indicación da orde de preferencia dos destinos solicitados polos candidatos presentados.

Artigo 2

Aprobar definitivamente a relación de excluídos que se especifican no anexo II, con indicación da causa que orixina a súa exclusión, e aceptar definitivamente a desistencia da súa solicitude respecto das persoas que se relacionan no anexo III, con indicación da causa que a orixina.

Artigo 3

Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se lles indica ás persoas relacionadas no anexo IV.

Artigo 4

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2015

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I
Relación de admitidos

Apelidos e nome

Universidade/s solicitada/s (orde de preferencia)

1

Aboi Ferradás, Iria

Sorbona Nova París-III

2

Castro González, Inmaculada

Sorbona Nova París-III

Federal da Bahía

3

Ces Ares, Ana

Sorbona Nova París-III

4

Fente Parada, Antonio

Federal da Bahía

Sorbona Nova París-III

5

Figueira Salgueiros, Isabel

Federal da Bahía

6

Freire Casal, Irene

Sorbona Nova París-III

7

García Fraga, Sandra

Sorbona Nova París-III

8

González Pascual, Iago

Sorbona Nova París-III

9

Lema París, Ánxela

Sorbona Nova París-III

10

Serantes Blanco, Santiago

Sorbona Nova París-III

Federal da Bahía

11

Veiga Rilo, Elena

Federal da Bahía

ANEXO II
Relación de excluídos

Apelidos e nome

NIF

Motivo

1

Costa González, Paula

78733409Q

Incumpre o requisito do límite de idade. Artigo 6.1

ANEXO III
Relación de desistidos

Apelidos e nome

NIF

Motivo

1

Fente Parada, Antonio

33546652W

Non presentarse á fase de entrevista. Artigo 12.5

ANEXO IV
Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade Federal da Bahía

Veiga Rilo, Elena

47434812A

1.1.2016 ao 31.12.2018

Universidade da Sorbona Nova-París III

Lema París, Ánxela

47365706N

8.10.2015 ao 30.9.2018