Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de información pública do expediente IN407A 2015/081-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE núm. 285, do 27.11.1992), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19.1.1999, e BOE núm. 30, do 4.2.1999), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 18 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Narón (IN407A 2015/081-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/081-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Curro de Arriba.

Concello: Narón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Núm. predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Núm.

m2

Servidume

ml aéreos

Servidume

m2 aéreos

Servidume de acceso ao CT (m2)

1

Areosa

Monte alto

Hros. José Freire López

½ 51 (XS)

+½ 51/1 (CT)

+ ½ apoio BT

10,0

(4,5 + 4,5 + 1,0)

67,0

(48,0 LMT

+ 19,0 BT)

413,0

(384,0 LMT + 29,0 BT)