Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/237-1).

Expediente: IN407A 2015/237-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-708A derivada a CT Gándara.

Concello: Valdoviño.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,172 km, en condutor RHZ-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe na cela de liña existente no CT Campón (expediente 274/00) e final na cela de liña existente (obxecto doutro proxecto) no CT Gándara (expediente 27291) despois da entrada e saída no CT Pallota Meirás (expediente 7372). A reforma é obxecto doutro proxecto.

Desmóntase un tramo de 1,161 km da liña de media tensión aérea CRN-708A entre o CT Canto do Muro e o CT Gándara, coa retirada de 8 apoios.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña