Expediente: IN407A 2015/221-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: reordenación CT San Juan (15CCB6).
Concello: Carballo.
Características técnicas:
Reforma centro de transformación en planta baixa do edificio, cunha potencia de 630 kVA (transformador existente), e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Instalación dunha nova cela de acoplamento de barras telecontrolada, que se incorporará ao conxunto de celas existentes no centro de transformación.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 10 de setembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña