Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 10 de agosto de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícanselles ás persoas que se relacionan, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, os prazos de ingreso voluntario e en período executivo polos servizos prestados neste centro, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES51 0081 5363 23 0001082610 do Banco Gallego, sucursal 0101, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste e sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), expido, asino e selo esta cédula.

Cee, 10 de agosto de 2015

Francisco Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Rodríguez García Marcos

046916408L

Fra. 201430760

12.11.2014

340,46

Ionesi Berky Cristian Liviu

X08678051J

Fra. 201530103

24.2.2015

419,96

Fathallah --- Salah Eddine

X04508281M

Fra. 201530104

24.2.2015

361,59

Bardey --- Ernst Christian

X01576187C

Fra. 201530145

13.3.2015

401,94