Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de setembro de 2015 polo que se somete a información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica AC-566, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 10+750 e 11+430.

Aprobada provisionalmente, pola Resolución da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 17 de setembro de 2015, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica AC-566, no seu treito situado entre os p.q. 10+750 e 11+430, e de conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese a antedita delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que estime pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Programación do 16 de setembro de 2015, a antedita Resolución da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 17 de setembro de 2015 e o plano en que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica AC-566, no seu treito situado entre os p.q. 10+750 e 11+430.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo San Caetano, s/n), na Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2) e na Casa do Concello de Valdoviño (Porta do Sol, s/n).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópanse á disposición dos interesados o informe e a resolución de aprobación provisional, así como o plano da referenciada redución excepcional da liña límite de edificación.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas