Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38738

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Establecida a estrutura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 227/2012, do 2 de decembro, faise preciso adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, tendo en conta os principios de eficacia, suficiencia e racionalización que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, número 1, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto no artigo 23, número 2, da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir se relacionan:

– Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Consellería de Facenda.

– Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

– Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

– Consellería de Economía, Emprego e Industria.

– Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Consellería de Sanidade.

– Consellería de Política Social.

– Consellería do Medio Rural.

– Consellería do Mar.

Artigo 2

A orde de prelación das consellerías manterase segundo o establecido no artigo anterior.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira. O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos distintos organismos obxecto de regulación deste decreto.

Segunda. A Consellería de Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto.

Terceira. Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente