Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 11 de setembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 26 de marzo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número C-ca-16, sito en Carral, relativo ao proxecto 01451 (expediente 2014/001071).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Luis Montes Barral o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de marzo de 2015 que fixa o prezo xusto do predio nº C-ca-16, sito en Carral, relativo ao proxecto 01451, expediente 2014/001071, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación á persoa expropiada, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01451 subministración en 10 bar a Carral. Expediente IN627A 2011/5-0. Tm Cambre, Carral e Culleredo.

Nº de expediente: 2014/001071.

Persoa que se notifica: Luis Montes Barral.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial da Coruña.

Expropiado: Luis Montes Barral.

Beneficiaria: Gas Galicia Sdg, S.A.

Predio: C-ca-16.

Concello: Carral.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado: 1.136,78 €.