Segundo o establecido na disposición adicional segunda do Decreto 360/1998, do 4 de decembro, anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de traslados, de dous postos de traballo. A este concurso poderase presentar o persoal laboral fixo do Cixtec. As bases da convocatoria poden ser retiradas ou consultadas nas dependencias do referido centro (r/ Domingo Fontán 9, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable