Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38370

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de setembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do pacto de selección temporal do persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG núm. 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, as prazas de facultativo especialista de área que se relacionan no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Rexistro Xeral da dita xerencia sito no Hospital Arquitecto Marcide; avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no punto de atención ao traballador/a (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 1 de setembro de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

Anexo

Especialidade

Prazas

Nomeamento

Anatomía Patolóxica

1

Interino praza vacante

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

2

Interino praza vacante

Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

1

Substituto reserva praza

Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo

2

Interino praza vacante

Endocrinoloxía e Nutrición

1

Substituto reserva praza

Medicina Interna

1

Interino praza vacante

Medicina Interna

1

Substituto reserva praza

Obstetricia e Xinecoloxía

2

Interino praza vacante

Obstetricia e Xinecoloxía

1

Substituto reserva praza

Obstetricia e Xinecoloxía

1

Eventual servizo determinado

Oncoloxía Médica

1

Substituto reserva praza

Otorrinolaringoloxía

1

Interino praza vacante

Otorrinolaringoloxía

1

Substituto reserva praza

Pneumoloxía

1

Substituto reserva praza

Radiodiagnóstico

1

Substituto reserva praza

Uroloxía

2

Interino praza vacante