Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015 pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración de equipamento de servidores, mediante tramitación documentalmente simplificada, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2015-018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de servidores, mediante tramitación documentalmente simplificada, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 48820000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 7.7.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 197.750,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 197.750,00 €.

b) Importe total: 239.277,50 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 7.9.2015.

c) Contratista: Inforhouse, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 194.900,00 euros. Importe total: 235.829,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable