Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada no curso dun procedemento de resolución de contrato de arrendamento por falecemento do titular.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por descoñecer o domicilio da interesada que se relaciona no anexo, emprázase esta para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia nº 7-4ª planta, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 9 de setembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: PO.83/460, cta. 25.

Nome da interesada: Lorena Comesaña Costas.

Domicilio da vivenda: rúa Menéndez Pelayo núm. 15-baixo L, do concello de Vigo.

Indicación do contido do acto: resolución de contrato de arrendamento por falecemento do titular.