Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-RI-0321/2015-TRA e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0321/2015-TRA

Belmiro Cascao da Silva

Avenida Julio Saul Dias, 54, 4ª norte, Oporto, Portugal

PSC-RI-0402/2015-PPM

César Seijas Pérez

Avenida do Rocío, 31, Outes

PSC-RI-0403/2015-PPM

Diego Lorenzo Torrado

Rúa 1, San Lázaro, 39, 2º, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0407/2015-PPM

Manuel Santos Tubío

Taragoña, A Igrexa, 46, Rianxo

PSC-RI-0409/2015-PPM

Juan Carlos Santiago Rodríguez

Escarabote, 3, 3º, Boiro