De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola instrutora.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 16 de setembro de 2015
Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0052-2015 CSA.
Denunciada: Josefa Penabad Penaba.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: MON-CO-0077-2015 REP.
Denunciado: José Trillo Martínez.
Acto de notificación: proposta de resolución.