Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de setembro de 2015 pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador por infracción urbanística moi grave IU1/86/2012-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O instrutor do expediente sancionador o día 22 de xuño de 2015 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística IU1/86/2012-SA1, incoado polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, dúas edificacións auxiliares e una soleira no lugar de Penencia, Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Elías Prado Díaz e a Mª del Mar Blanco Roca, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita proposta por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da proposta que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística