Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38235

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no segundo cuadrimestre de 2015

Descrición

Data da sinatura

Importe

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cerdedo para a execución de obras en materia de urbanismo.

29.5.2015

58.617,96

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Sober para a execución de obras en materia de urbanismo.

29.5.2015

59.966,07

Addenda nº 2 ao Convenio entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense para o financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ourense.

28.7.2015

522.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a entidade colaboradora Sociedade de Caza e Pesca A Laxe.

25.8.2015

0,00

Addenda nº 1 ao Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para a execución de obras en materia de urbanismo.

24.7.2015

512.138,39

Addenda nº 1 ao Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baiona para a execución de obras en materia de urbanismo.

24.7.2015

986.005,00

Addenda nº 9 ao Convenio entre as extintas consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Lugo para a construción do Centro Cultural-Auditorio de Lugo.

20.7.2015

9.443.877,98

Acordo entre o Concello de Padrón e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

20.5.2015

0,00

Acordo entre o Concello da Estrada e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

20.5.2015

0,00

Acordo entre o Concello de Ordes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

20.5.2015

0,00

Acordo entre o Concello da Baña e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

20.5.2015

0,00

Acordo entre o Concello de Vila de Cruces e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela.

20.5.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Mos para a execución de obras en materia de urbanismo.

20.5.2015

44.479,49

Acordo entre o Concello de Baleira e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano de Lugo.

19.5.2015

0,00

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Pantón para a execución de obras en materia de urbanismo.

19.5.2015

36.739,02

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cortegada para a execución de obras en materia de urbanismo.

19.5.2015

20.889,58

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Sarreaus para a execución de obras en materia de urbanismo.

19.5.2015

29.364,36

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Vilardevós para a execución de obras en materia de urbanismo.

19.5.2015

51.813,75

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Riós para a execución de obras en materia de urbanismo.

19.5.2015

41.479,54

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización das actuacións: Congreso escolar Escolas en acción, exposicións itinerantes e Proxecto Little Sydney, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia.

18.5.2015

49.947,01

Acordo entre o Concello de Carballo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano da Coruña.

18.5.2015

0,00

Acordo entre o Concello de Ordes e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano da Coruña.

18.5.2015

0,00

Acordo entre o Concello de Curtis e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se formaliza a adhesión do Concello á Área de Transporte Metropolitano da Coruña.

18.5.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Antas de Ulla para a realización das obras de acondicionamento da praza de España.

16.7.2015

284.400,00

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas.

13.7.2015

0,00

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas.

13.7.2015

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela para a execución de actuacións de posta en valor e recuperación ambiental do contorno da senda do río Maceiras, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

7.8.2015

40.000,42

Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Verín para o financiamento da redacción do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de San Lázaro do Concello de Verín.

6.5.2015

122.598,00

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación, divulgación e voluntariado ambiental, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

4.6.2015

14.500,00

Convenio de colaboración entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o organismo público Puertos del Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña, para a protección do ambiente e información oceanográfica no contorno do porto da Coruña.

15.7.2015

0,00