De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 28 de abril de 2015 relativo ao proxecto dun punto limpo no concello de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra, promovido pola Secretaría Xeral de Coordinación Ambiental (clave 2014/0143).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental