Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha industria xestora de vehículos ao final da súa vida útil (VFU) no parque de Racelo, no concello da Lama, promovido pola empresa Golpecar, S.L. (clave 2014/0110).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 24 de abril de 2015 relativo ao proxecto dunha industria xestora de vehículos ao final da súa vida útil (VFU) no parque de Racelo, no concello da Lama, promovido pola empresa Golpecar, S.L. (clave 2014/0110).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental