Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 26 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Gecreri, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Antecedentes de feito:

Con data do 10 de marzo de 2008, a empresa Gecreri, S.L., co CIF B15129612, con domicilio social na praza de Recife, nº 5, 2º, 15004 A Coruña, solicitou a inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de xestión e auditoría ambiental EMAS, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, citado no encabezamento.

Coa solicitude de inscrición xunta declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no dito Decreto 185/1999.

Con data do 12 de marzo de 2008, procédese á inscrición dos centros sitos en Juan Flórez, 36, int., 2ª, e P.I. A Grela, r/ Gambrinus, 101, módulo 0, nave 3 (A Coruña), pertencentes á dita entidade mercantil, no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de xestión e auditoría ambiental EMAS co número ES-GA-000169.

Terminado o período de validez para as sucesivas renovacións, debía presentar a seguinte declaración ambiental validada o 21 de novembro de 2012, segundo se facía constar na última documentación achegada, pero non se recibiu por parte de Gecreri, S.L. ningún tipo de comunicación desde o ano 2012.

Fundamentos de dereito:

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á Dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorga o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e segundo o Decreto 115/2014, do 11 de setembro, polo que se modifica o Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade mercantil Gecreri, S.L., co CIF B15129612, con domicilio social na praza de Recife, nº 5, 2º, 15004 A Coruña e concederlle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíqueselle ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da dita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental