Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de setembro de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente LUG/211/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1, a María del Pilar Otero Montenegro, en relación coas obras consistente na instalación: a) dunha edificación de planta baixa e forma rectangular con cuberta a unha auga, con fachadas de táboas de madeira, con dúas portas de madeira e fiestras do mesmo material con cortinas decorativas interiores, b) dunha estrutura cuberta de madeira de planta baixa e forma sensiblemente cadrada, con cuberta a catro augas de lousa e con mesa e bancos de madeira, c) doutra estrutura de madeira de planta baixa e cuberta a unha auga, situada ao carón do peche, e na construción: a) dun solado de pedra e b) dunha soleira pavimentada para aparcadoiro de vehículos, que conforman un conxunto cuxas características son propias dun uso residencial, levadas a cabo no lugar do Regueiro, parroquia de Ombreiro, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística