Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2015/148-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Barciademera, S.L.

Domicilio social: rúa Virxe da Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMTS, CT Barcia de Mera.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 31 metros de lonxitude, con orixe no apoio 3 da LMT Barcia de Mera e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Barcia de Mera, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de agosto de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra