Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.
Domicilio social: rúa Virxe da Luz, 3-baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: CT Fonte da Rúa de Abaixo.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: centro de transformación, Fonte da Rúa de Abaixo, de 160 kVA con RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa Real, nº 12, Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 18 de agosto de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra